Feliz idade, Olga Novo (Kalandraka)

As palabras máis puras e núas que se poden atopar entre os xéneros literarios viven libres entre os versos da poesía, que é capaz de falar de amor, de dor, de ausencia ou de esperanza como ningunha outra. A de Olga Novo toma o mesmo centro da existencia, da vida, como fío condutor para levar ao lector o seu mundo interior e compartir así a súa felicidade, o seu entendemento dos cambios, os adeuses e as benvidas.

Feliz Idade é un poemario escrito durante sete intensos anos nos que a autora vive a enfermidade do seu pai ata a súa morte, contada con absoluta tenrura como un canto, unha elexía. Pero tamén está embarazada e describe a fermosura da concepción da súa filla que traza un camiño inverso ao do seu avó na vida. Unha semente de amor a invade, unha esperanza de vida. É á súa filla precisamente a quen dedica Feliz Idade como “bosque de cromosomas” en continuidade vital tras a morte do seu pai. Unha reivindicación de amor, unha exaltación da poesía en forma de vida.

O campo, a natureza e o traballo recrean escenarios labregos entroncados na Galicia rural que están presentes ao longo de toda a obra. Coma unha Rosalía no Rexurdimento, Olga fálalle á chuvia, a vexetación, ao trigo, á fariña, á terra…Elementos nos que atopa a lírica para entrar en comuñón con ese entorno familiar para ela, para a súa filla e o seu avó. A inmutabilidade dos recordos de toda unha vida aparecen reflectidos neste cambio de etapa ao que se enfronta a poeta.

O libro estrutúrase en sete partes que avanzan entre imaxes fermosas e referencias musicais, literarias, xeográficas… Poesía en posición fetal, a lúa su o negrillo, zona tigre, da beleza indómita, amor es e harmonía fractial conteñen con estilo propio as estrofas de formas rítmicas que compoñen Feliz Idade. A través delas o lector navega suave e pausadamente polos sentimentos cristalinos e ardentes reflexións de Olga Novo.

A chuvia imita á miña forma de quererte

é como unha amante

que desexo para ti

que te faga feliz

a tódalas horas.

Oxalá non durmas só

mentres eu durmo sen ti.

Ámala porque amas

coma min

as cousas belas.

Dicir por exemplo

que virá a morte e terá os teus ollos

dicir que unha ten nostalxia das branquias

e que un tigre de tenrura

dicir o Pracer guiando o pobo

dicir e non arder… Como se pode?

Ás veces non sei se escribo

ou é que ando descalza sobre as brasas

ou é que ando descalza sobre as brasas

ou é que ando descalza sobre as brasas

Alí non había Deus

soamente o nada e ti

e o meu poema que nin sequera tiña unha palabra

tan cheo de poesía que apenas podía co peso dunha sílaba

no medio dun corazón trazado cun xiz rústico.

a miña completa feliz idade

era unha puta o pensamento unha filósofa do futuro

era máis aló do mundo

unha gruta

unha puta o pensamento

unha filosofía

Sen Deus

nin Amo

Sen Pai nin Patrón

unha paria abrazada a ti a poesía era todo

o que non se ve o que non se escribe o que non se conta

nin se sabe

unha paria abrazada a ti.

 

camisa felizidade

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: